1ª CONVOCATORIA 2014 PROBAS XESTOR DE TRANSPORTE: PRAZO ATA 10-MARZO PARA TRAMITAR INSTANCIAS

Hoxe xoves 20 de febreiro publicouse no DOG a Resolución de 14 de febreiro de 2014 pola que se convocan as probas para a constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte (antiga Capacitación) en empresas de transporte por estrada, na modalidades de mercadorías e de viaxeiros.

 

CALENDARIO DAS PROBAS

  • 1ª CONVOCATORIA: Entre 5 de abril e 1 de xuño de 2014.
  • 2ª CONVOCATORIA: Entre 4 de outubro e 30 de novembro de 2014.

Dentro dos prazos fixados, celebraranse preferentemente en sábados, domingos ou festivos, e os aspirantes que cumpran os requisitos para presentarse ás probas poderán facelo a calquera das convocatorias ou ás dúas, en calquera das modalidades (mercadorías ou viaxeiros) ou en ambas.

 

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • 1ª CONVOCATORIA: Antes do 10 de marzo de 2014.
  • 2ª CONVOCATORIA: Do 1 ao 20 de agosto, ambos incluídos.

 

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS

  • O DOG publicará cunha antelación mínima de 15 días naturais lugar, data e hora.
  • Os aspirantes deberán presentarse con D.N.I., recomendándose ademais presentar copia da solicitude de admisión e do pagamento de taxas.
  • Non poderán asistir con teléfono móbil, axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás calculadoras sen memoria RAM, ou similar.

REQUISITOS ASPIRANTES

Ter residencia habitual en Galicia antes da finalización do prazo de presentación das solicitudes (presumíndose como residencia habitual o domicilio que figure no D.N.I.). Só se admitirá outro domicilio distinto ao do D.N.I. nos seguintes casos:

a) Que acredite que tivo o seu domicilio en Galicia, polo menos 185 días naturais do último ano contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) Que acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigado por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta esixencia nin cando se trate de estancias temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.

 

TRAMITACIÓN DE INSTANCIAS EN APETAMCOR

O Dpto. de Formación da asociación está a disposición dos interesados para a tramitación das instancias que dan dereito a presentación á 1ª convocatoria de probas, debendo contactar con este como máis tardar o 7 de marzo.