A IMPLANTACIÓN E CERTIFICACIÓN DA NORMA ISO 9001 DE XESTIÓN DA CALIDADE EN EMPRESAS TRANSPORTISTAS

Sendo coñecedores das recomendacións de certificación, nalgúns casos incluso esixencias, formuladas a transportistas polos seus clientes cargadores que contratan transporte en sectores como a automoción, a alimentación, a xestión de residuos ou materia perigosas ou a carga fraccionada, co obxecto de favorecer a implantación da norma ISO 9001 de xestión da calidade nas empresas de transporte a uns custos moi competitivos, APETAMCOR acaba de formalizar un convenio de colaboración coa empresa consultora INTEDYA, especializada na implantación de sistemas de xestión nas empresas, e coa entidade internacional de certificación EQA.

Os interesados poden poñerse en contacto co Dpto. de Prevención, Calidade e Medio Ambiente da asociación para ampliar información e/ou contratar os referidos servizos para a implantación e certificación da ISO 9001.

 

Que é a norma ISO 9001 de xestión da calidade?

ISO 9001 é a norma sobre xestión da calidade con maior recoñecemento a nivel mundial e axuda ás organizacións (empresas) a cumprir coas expectativas e necesidades dos seus clientes, entre outros beneficios. A norma ISO 9001 é aplicable a calquera organización – independentemente do seu tamaño situación xeográfica-. Unha das principais fortalezas da ISO 9001 é o seu grande atractivo para todo tipo de organizacións, xa que os sistemas de xestión están cada vez máis vencellados co éxito e supervivencia das organizacións.

Un sistema de xestión ISO 9001 axudaralle a xestionar e controlar de xeito continuo a calidade en todos os procesos da empresa.

Beneficios da ISO 9001 para a empresa

  • Permitiralle converterse nun competidor máis consistente no mercado.
  • Mellorará a xestión da calidade que lle axudará a satisfacer as necesidades dos clientes e aumentará o nº de clientes valiosos grazas a un mellor servizo de atención ao cliente.
  • Terá métodos máis eficaces de traballo que lle aforrarán tempo e diñeiro. Mellorará por tanto o seu desempeño operativo, o cal reducirá erros e aumentará beneficios.
  • Mellorará o nivel de compromiso e motivación do persoal.
  • Ampliará as oportunidades de negocio.