AMPLA OFERTA FORMATIVA DE TRANSPORTE EN LUGO CON APETAMCOR

Tras a apertura da nosa nova sede en Lugo, APETAMOR comeza a execución dunha ampla oferta formativa de cursos dirixidos aos profesionais do transporte, que se desenvolverán nas vindeiras semanas nesta cidade.

A oferta formativa estrutúrase en cinco bloques temáticos diferenciados:

  • CAP – Reciclaxe (35 h.).
  • Mercadorías Perigosas: Obtención e Renovación do ADR
  • Xornadas Técnicas: “Tacógrafo e Tempos de Condución e Descanso” (En Lugo, Vilalba e Sarria)
  • Carretillas Elevadoras: Manexo seguro
  • Camión Grúa: Manexo seguro

Os cursos son gratuítos, tendo preferencia os transportistas autónomos, e as prazas son limitadas. Os asalariados poderán en todo caso bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas respectivas empresas en caso se esgotaren as prazas.

Os/as interesados/as poden ampliar información e formalizar a súa inscrición na/s acción/s formativa/s correspondente/s dirixíndose á sede de APETAMCOR en Lugo, sita na Terminal das Mercadorías do Polígono de O Ceao, ou ben contactando a través do tlf. 982 256 109 ou no correo-e lugo@apetamcor.com.