APETAMCOR convoca Asembleas de Transportistas en toda Galicia: o Céntimo Sanitario

Co obxecto de informar detalladamente ao conxunto de transportistas de Galicia dos contidos do acordo adoptado hoxe xoves 13 de novembro polas federacións de transportistas con Facenda que pon fin á convocatoria de Paro Xeral no Transporte previsto para o 17 de novembro, das razóns que motivaran a súa convocatoria, así como tamén de todos os temas que teñen que ver coa reclamación de devolución do imposto “céntimo sanitario” declarado ilegal segundo Sentenza de 27 de febreiro de 2014 do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea, APETAMCOR decidiu convocar con carácter de urxencia Asembleas Informativas para Transportistas nas sedes da asociación nas catro provincias galegas, cuxo calendario, horarios e relación de temas a abordar nas mesmas se relacionan a continuación:

 

CALENDARIO E HORARIOS

  • SEDE APETAMCOR OURENSE: Sábado 15 ás 11:00h.
  • SEDE APETAMCOR O PORRIÑO: Sábado 15 ás 17:30h.
  • SEDE APETAMCOR LUGO: Sábado 15 ás 17:30h.
  • SEDE APETAMCOR SANTIAGO: Domingo 16 ás 11:00h.

 

TEMAS A ABORDAR

  • Explicación detallada do acordo adoptado polas federacións de transportistas con Facenda que pon fin á convocatoria de Paro no Transporte previsto para o 17-N, así como das razóns que motivaran a súa convocatoria.
  • Estado actual das reclamacións de devolución do “céntimo sanitario” ilegal e das primeiras resolucións e devolucións xa percibidas.
  • Situación das reclamacións realizadas en 2009 e 2010.
  • Traballos correspondentes á reclamación da responsabilidade patrimonial do Estado polos exercicios fiscais prescritos 2002-2009.