Apetamcor presenta a súa nova sede no Polígono O Ceao de Lugo

O sábado 29 de marzo á tarde presentarase a nova sede de APETAMCOR sita na Terminal das Mercadorías do Polígono O Ceao de Lugo. Esta presentación realizarase unha vez remate a Xornada Informativa para transportistas organizada pola asociación na Cafetería da referida Terminal de Mercadorías do Ceao, na que se abordará a devolución do céntimo sanitario, así como outros temas de interese para o sector do transporte.

Os datos de contacto desta nova sede en Lugo son os seguintes:

  • Enderezo: Polígono O Ceao, Rúas das Mercadorías (Terminal das Mercadorías), 27003 Lugo
  • Tlf.: 982 256109
  • E-mail: lugo@apetamcor.com