Asemblea informativa aberta para transportistas lixeiros no Porriño: Sábado 16-F

O Proxecto de Lei de Modificación da LOTT aprobado polo Goberno, que actualmente está en fase de debate no Congreso dos Deputados, propón a desregulación do sector do transporte público de mercadorías por estrada de vehículos de masa máxima non superior a 3,5 toneladas, xa que exime aos titulares destes vehículos de cumprir cos requisitos administrativos de capacitación profesional, capacidade económica e honorabilidade, e da obriga do visado da autorización cada 2 anos, que acredita que a empresa transportista está ao día nas súas obrigas tributarias e que os vehículos coa ITV pasada correctamente.

Ante o crítico escenario que entendemos se lles presenta aos transportistas do subsector de lixeiro, que con esta desregulación pasarán a traballar nunhas condicións de maior precarización, APETAMCOR organiza unha Asemblea Informativa aberta o sábado 16 de febreiro a partir das 12:30 horas na sede de O Porriño sita no Polígono de A Granxa.

ASISTE E DIFUNDE!

Desde APETAMCOR vemos con grande preocupación a proposta do Goberno para o outorgamento de autorización para os transportes realizados en vehículos de ata 3’5 toneladas de MMA que recolle o Proxecto de Lei de modificación da LOTT, xa que de prosperar suporía un desaxuste e desregulación real do subsector do transporte lixeiro, coas indesexables consecuencias tanto desde o punto de vista social e económico como de seguridade viaria. Hai que ter en conta que ao eximir a ditos vehículos dos requisitos esixidos pola Unión Europea para exercer a actividade de transporte, isto é, honorabilidade, capacidade económica e capacitación profesional, así como de non ter que realizar o actual visado periódico previsto no art. 51 (é dicir, a comprobación pola Administración competente que se realiza na actualidade cada 2 anos para comprobar que o titular segue cumprindo as súas obrigas fiscais y laborales e que o vehículo pasou as correspondentes revisións técnicas) na práctica deixa fóra de control e supervisión o cumprimento dos requisitos administrativos (obrigas fiscais e laborais) e técnicos de milleiros de vehículos de transporte, o que resulta especialmente grave nun subsector (o dos vehículos de 3’5 Tn de masa máxima) nos que a sinistralidade viaria é elevadísima.

Así, conforme o último estudo de accidentalidade elaborado pola Comisión Permanente do Consello Superior de Seguridade Viaria, do total de accidentes con vítimas no último ano no que se viu involucrado alomenos un vehículo de transporte de mercadorías ou viaxeiros, o 60% foi debido a furgóns e camiónes de ata 3’5 toneladas de MMA, e por outra parte segundo os datos da asociación de empresas concesionarias de ITV (AECA) o 30´2% dos vehículos de transporte de dito tonelaxe non superaron as inspeccións periódicas, polo que semella aconsellable establecer un control especial sobre dita categoría de vehículos, e non unha desregulación como se plantexa na proposta de modificación, que obviamente podería supor a entrada masiva e desordeada de persoas non profesionais ao subsector do transporte lixeiro.

DESCARGAS ASOCIADAS: