Representatividade

No plano institucional, Apetamcor forma parte da sección de mercadorías do Comité Galego de Transportes baixo a denominación de FEGATRANS (Federación Galega de Transportes), representando a máis de 500 pemes e autónomos do sector galegos. Ademais, Apetamcor é hoxe unha das organizacións promotoras do Clúster da Loxística e o Transporte de Galicia.

A nivel estatal, APETAMCOR tamén está representada no Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC) a través de FENADISMER, organización representativa da pequena e mediana empresa do transporte en España na que está integrada.

APETAMCOR tamén é asinante dos convenios colectivos do transporte en Galicia, na súa condición de asociación de natureza empresarial.