Axudas 2014 ao abandono da actividade

Hoxe 31 de xaneiro de 2014 publicouse no BOE a Resolución de 22 de xaneiro de 2014 do Ministerio de Fomento pola que se convocan as axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade.

Como ven acontecendo nos últimos anos, nesta convocatoria prodúcese novamente unha redución da contía das axudas, sendo o orzamento para 2014 de escasamente 9.850.000 euros. Así pois, a idade mínima de solicitude, fíxase novamente en 63 anos para os transportistas nos que non concorra causa algunha de incapacidade declarada.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación, é dicir, a data límite para presentar as solicitudes será o 27 de febreiro de 2014.

Requisitos para solicitar a axuda

  • Ser transportista autónomo de mercadorías ou viaxeiros dado de alta neste réxime na Seguridade Social, de forma ininterrompida, durante os últimos 10 anos. Permitirase, non obstante, unha única interrupción por período non superior a tres meses.
  • Ter unha idade igual ou superior a 63 anos. Tamén poderán solicitala as persoas que, con independencia da súa idade, teñan declarada unha incapacidade permanente absoluta ou total para a profesión habitual.
  • Ser titular de forma ininterrompida durante los últimos 10 anos dun máximo de 3 autorizacións (copias) de transporte público (debendo alomenos unha encontrarse vixente no momento da solicitude). Permítese unha única interrupción por período non superior a tres meses.
  • Non ter desaproveitado outras axudas ao abandono da actividade en anos anteriores.

Contía das axudas

  • Pola autorización ou autorizacións de transporte público: 30.000 €.
  • Ademais, para transportistas con idade inferior a 65 anos, adicionalmente 5.300 € por cada semestre completo ata cumprir os 65 anos.

Requisitos para o pagamento

A persoa que resulte beneficiaria da axuda deberá realizar os seguintes trámites:

  • Renuncia á/s autorización/s de transporte.
  • Compromiso formal de abandono da profesión de transportista, así como a non aportar a súa capacitación profesional.
  • Renuncia, no seu caso, á titularidade de permisos de conducir válidos para vehículos de máis de 3.500 kg de MMA e/ou autobuses.
  • Dispor da autorización de transportes en vigor ata o intre da renuncia.

Documentación da solicitude

Quen desexe solicitar as axudas deberá presentar a seguinte documentación ao Ministerio de Fomento:

  • Impreso de solicitude de axudas por abandono da actividade cuberto (segundo modelo oficial da Orde FOM 3218/2009 de Bases Reguladoras modificada por Orde FOM 2835/2012).
  • Copia compulsada do NIF do solicitante.
  • Certificación da Axencia Tributaria de inexistencia de débedas.
  • Certificación da Seguridade Social de estar ao corrente de pagamento das cotas.
  • Certificado / Informe de Vida Laboral.
  • Certificado da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Mobilidade) acreditativo da titularidade durante os últimos dez años dun máximo de tres autorizacións (copias).
  • Copia compulsada do permiso de conducir ou declaración responsable de non ser titular do mesmo.
  • No seu caso, documento acreditativo da declaración de incapacidade permanente absoluta ou total.
  • No caso de sociedades unipersoais, certificación do Rexistro Mercantil acreditativa da unipersoalidade.
  • Declaración responsable ante autoridade administrativa competente ou notario, de non acharse o solicitante incurso en prohibicións para solicitar concesión de axudas (modelo oficial da Orde FOM 3218/2009).

Tramitación en Apetamcor

Quien así o desexe, pode dirixirse ao Dpto. de Tramitacións Administrativas da asociación para ampliar información e/ou proceder á súa xestión.