PROGRAMACIÓN FORMATIVA 2018 EN OURENSE

O Dpto. de Formación fai pública a programación para 2018 de accións formativas dirixidas a profesionais do sector do transporte previstas para desenvolver no noso centro de formación do Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). Facer click aquí para ollar o calendario completo.

Desta programación inicial cómpre destacar:

  1. A fixación dun curso CAP de reciclaxe ao mes.
  2. Previsión de 2 grupos preparatorios para cadansúa convocatoria de probas da Xunta de Galicia conducentes á obtención do título de xestor de transporte.
  3. Desenvolvemento de varias accións de ADR obtención e renovación distribuídas nos dous semestres do ano.
  4. Outros: carretas elevadoras, tacógrafo, etc.

Para completar información, contactar directamente no tlf. 988254200 ou ben por correo-e en formacion@apetamcor.com.

CURSO OBTENCION MERCADORIAS PERIGOSAS ADR OURENSE

ADROs días 15,16 e 17 de decembro de 2017 celebrarase na sede de Apetamcor en San Cibrao das Viñas en Ourense un curso para a Obtencion do carnet de condutor de mercadorías perigosas, ADR básico.

 

O curso e bonificable a traves dos seguros sociais , para mais informacion sobre prezos e horarios, no departamento de formacion de Apetamcor no telefono 988254200

 

O prazo de inscrición remata o 28 de novembro

 

 

CURSO CAP EN OURENSE

 

APETAMCOR organiza para o mes de NOVEMBRO no centro de formación do San Cibrao en Ourense unha nova acción formativa de CAP, para a reciclaxe obrigatoria dos conductores profesionais.

 

Datas 18,19,24,25 e 26 de novembro de 2017

 

Para mais informacion de horarios e prezos no Departamento de Formacion de Apetamcor ou no telefono 988254200

 

A IMPLANTACIÓN E CERTIFICACIÓN DA NORMA ISO 9001 DE XESTIÓN DA CALIDADE EN EMPRESAS TRANSPORTISTAS

Sendo coñecedores das recomendacións de certificación, nalgúns casos incluso esixencias, formuladas a transportistas polos seus clientes cargadores que contratan transporte en sectores como a automoción, a alimentación, a xestión de residuos ou materia perigosas ou a carga fraccionada, co obxecto de favorecer a implantación da norma ISO 9001 de xestión da calidade nas empresas de transporte a uns custos moi competitivos, APETAMCOR acaba de formalizar un convenio de colaboración coa empresa consultora INTEDYA, especializada na implantación de sistemas de xestión nas empresas, e coa entidade internacional de certificación EQA.

Os interesados poden poñerse en contacto co Dpto. de Prevención, Calidade e Medio Ambiente da asociación para ampliar información e/ou contratar os referidos servizos para a implantación e certificación da ISO 9001.

 

Que é a norma ISO 9001 de xestión da calidade?

ISO 9001 é a norma sobre xestión da calidade con maior recoñecemento a nivel mundial e axuda ás organizacións (empresas) a cumprir coas expectativas e necesidades dos seus clientes, entre outros beneficios. A norma ISO 9001 é aplicable a calquera organización – independentemente do seu tamaño situación xeográfica-. Unha das principais fortalezas da ISO 9001 é o seu grande atractivo para todo tipo de organizacións, xa que os sistemas de xestión están cada vez máis vencellados co éxito e supervivencia das organizacións.

Un sistema de xestión ISO 9001 axudaralle a xestionar e controlar de xeito continuo a calidade en todos os procesos da empresa.

Beneficios da ISO 9001 para a empresa

  • Permitiralle converterse nun competidor máis consistente no mercado.
  • Mellorará a xestión da calidade que lle axudará a satisfacer as necesidades dos clientes e aumentará o nº de clientes valiosos grazas a un mellor servizo de atención ao cliente.
  • Terá métodos máis eficaces de traballo que lle aforrarán tempo e diñeiro. Mellorará por tanto o seu desempeño operativo, o cal reducirá erros e aumentará beneficios.
  • Mellorará o nivel de compromiso e motivación do persoal.
  • Ampliará as oportunidades de negocio.

 

FÓRMATE COMO CONDUTOR PROFESIONAL DE CAMIÓN PESADO. En OURENSE, desde 2-OUT

Se che gusta o transporte e desexas formate como condutor profesional de camión, APETAMCOR pon ao teu alcance unha inmellorable oportunidade para obter un certificado profesional que inclúe a cualificación de aptitude inicial como condutor (C.A.P Inicial) e mais o permiso de conducir de vehículos pesados “C”, de xeito que o único custo para ti serán as taxas administrativas de exame.

Non podes desaproveitar a mellor e máis completa formación que en poucos meses te cualificará para unha profesión con moitas oportunidades de emprego.

Requisitos de acceso dos alumnos

Poden cursar esta formación desempregados ou ocupados cuxo nivel mínimo de estudos sexa ter superado a E.S.O.

Unidades formativas do curso de condutor de vehículos pesados (TMVI0208) – 310 horas -

  • Mantemento de primeiro nivel de vehículos de transporte por estrada. (60 h.)
  • Condución racional e operacións relacionadas cos servizos de transporte. (130 h.)
  • Planificación do transporte e relación con clientes. (50 h.)
  • Operacións de recollida e entrega de mercadorías. (70 h.)

Prácticas profesionais non laborais

Inclúense dentro deste curso prácticas profesionais non laborais en empresas cunha duración de 80 horas, tras superación dos módulos formativos teóricos.

Datas, prazos, inscricións e outras informacións

  • Data de comezo: 2 – Outubro – 2017 (prazo inscrición ata o 29-Set)
  • Horario: De luns a venres
  • Lugar de celebración: OURENSE (Sede APETAMCOR en Polígono San Cibrao das Viñas)
  • Custo: Gratuíto, subvencionado.
  • Máis información e matriculacións no tlf. 988254200.

CERTIFICADO PROFESIONAL “ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN” (5ª ed.). SANTIAGO

Se queres especializarte e por tanto mellorar a túa empregabilidade nos postos e ocupacións máis demandadas polo sector da loxística e o transporte polo seu alto valor engadido, esta é a túa oportunidade para cualificarte cun Título Oficial que te habilitará para desempeñar as funcións propias de Xefe de Tráfico, Xestor de Frotas ou Técnico en Loxística do Transporte.

Se queres especializarte e por tanto mellorar a túa empregabilidade nos postos e cupacións máis demandadas polo sector da loxística e o transporte polo seu alto valor engadido, esta é a túa oportunidade para cualificarte cun Título Oficial que te habilitará para desempeñar as funcións propias de Xefe de TráficoXestor de Frotas ou Técnico en Loxística do Transporte.

APETAMCOR convoca unha nova edición do certificado de profesionalidade “ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN” (COML0209), que desta volta se desenvolverá en Santiago de Compostela a partir do 18 de Setembro. A demanda crecente deste título oficial no sector fai que esta sexa xa a 5ª edición que organiza a asociación, que ten entre os seus principios fundamentais a cualificación dos profesionais do sector, precisamente naquelas ocupacións cada vez demandadas polo mercado laboral.

 

Competencia xeral do curso

Para calquera tipoloxía de empresa do sector do transporte e a loxística, organizar, xestionar e controlar as operacións de transporte de mercadorías para optimizar o proceso loxístico, prazo e custo, garantindo a integridade e seguimento das mercadorías no proceso, cumprindo a normativa de transporte.

 

Postos de traballo para os que capacita

  • Xefe de tráfico en empresa de transporte terrestre.
  • Axente de transporte combinado terrestre/marítimo/aéreo.
  • Axente de transporte e de planificación de transporte.
  • Empregado administrativo dos servizos de transporte.
  • Técnico en loxística do transporte.

 

Unidades formativas do curso (COML0109): 340 horas teóricas + 80 horas de prácticas en empresas

  • Distribución capilar. (70 h.)
  • Transporte de longa distancia. (90 h.)
  • Optimización da cadea loxística. (90 h.)
  • Inglés profesional en loxística e transporte. (90 h.)

 

Requisitos de acceso dos alumnos

Poden cursar esta formación desempregados, ocupados e estudantes, cuxo nivel mínimo de estudos sexa ter superado Bacharelato, FP II ou equivalente.

 

Prácticas profesionais non laborais

Inclúense dentro deste curso prácticas profesionais non laborais en empresas cunha duración de 80 horas, tras superación dos módulos formativos teóricos.

 

Datas, prazos, inscricións e outras informacións

  • Data de comezo: 2 – Outubro – 2017 (prazo inscrición ata o 29-Set)
  • Horario: De luns a venres
  • Lugar de celebración: SANTIAGO (Sede APETAMCOR en Costa de San Marcos)
  • Custo: Gratuíto, subvencionado.
  • Máis información e matriculacións no tlf. 981574922.

NOVOS CURSOS CAPACITACIÓN PROFESIONAL XESTOR TRANSPORTE EN OURENSE, SANTIAGO, LUGO, O PORRIÑO E PONTEVEDRA

APETAMCOR organiza novos cursos en Ourense, Santiago, Lugo, O Porriño e Pontevedra, preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de CAPACITACIÓN PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE, cuxa segunda convocatoria de 2017 se celebrará a finais de Outubro ou primeiros de Novembro (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula con soporte informático tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Xestor de Test

Ademais, os/as alumnos/as poderán acceder con cadanseu contrasinal ao XESTOR DE TEST de APETAMCOR para resolver a través de internet desde o seu domicilio ou desde onde o desexen os test e supostos prácticos.

Custo do curso

Desde 525 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

Tramitación de instancias

O prazo para a tramitación de instancias que dan dereito a participar nesta segunda convocatoria de probas de 2017 conducentes á obtención do título de transportista rematará o 18 de agosto.

Máis información e inscricións

  •  Tlf.: 988254200 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  •  E-mail: formacion@apetamcor.com

 

CAPACITACIÓN PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE: COMEZO NOVOS GRUPOS EN XANEIRO

 

Este mes de Xaneiro inícianse en Ourense, Santiago, Lugo, Silleda, O Porriño e Pontevedra novos cursos organizados por APETAMCOR preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de Competencia Profesional de XESTOR DE TRANSPORTE (antiga Capacitación Profesional de Transportista), cuxa primeira convocatoria de 2017 se celebrará en Maio (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula con soporte informático tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Ademais, os/as alumnos/as poderán acceder con cadanseu contrasinal ao XESTOR DE TEST de APETAMCOR para resolver a través de internet desde o seu domicilio ou desde onde o desexen os test e supostos prácticos.

 

Custo do curso

Desde 525 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

 

Máis información e inscricións

  • Tlfs.: 988254200 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  • E-mail: formacion@apetamcor.com

XORNADAS “ESTIBA E SUXEICIÓN DAS MERCADORÍAS”. OURENSE, LUGO, PORRIÑO, SANTIAGO

APETAMCOR organiza este mes de outubro un ciclo de xornadas formativas nas súas sedes en Galicia que entendemos serán de grande utilidade para os profesionais do transporte, baixo o título de “Estiba, fixación e suxeición das mercadorías“, que servirán para abordar todas aquelas problemáticas e incidencias derivadas do amarre e suxeición das mercadorías, así como o cumprimento das directrices que a nivel europeo existen na materia para cada tipoloxía de carga e de transporte. Por tanto, son de especial interese para aqueles transportistas que realizan transportes internacionais, particularmente aqueles que circulan por Alemaña, tendo en conta as especiais esixencias que este país ten adoptado.

Participará como ponente Giancarlo Terrassan, especialista en transporte formado en Alemaña e director da revista de transporte “Jornal Strada“.

O calendario de xornadas é o seguinte:

  • APETAMCOR – OURENSE: Venres 14 Outubro I 16:00 – 21:00 h.
  • APETAMCOR – LUGO: Sábado 15 Outubro I 9:00 – 14:00 h.
  • APETAMCOR – O PORRIÑO: Venres 21 Outubro I 16:00 – 21:00 h.
  • APETAMCOR – SANTIAGO: Sábado 22 Outubro I 9:00 – 14:00 h.

A asistencia a calquera destas xornadas é totalmente gratuíta, previa inscrición, dado que o número de prazas é limitado.

Os/as interesados/as poden inscribirse en:

  • Tlf.: 988254200 I 982256109 I 986342233 I 981574922
  • Correo-e: formacion@apetamcor.com

XORNADA “GAS NATURAL VEHICULAR, ALTERNATIVA AO GASÓLEO PROFESIONAL”. OURENSE, 1-OUTUBRO

Porque os custos de carburante é unha das cuestións que máis ocupa e preocupa aos transportistas, desde APETAMCOR entendemos necesario estar ao día nas posibles alternativas que hoxe temos no mercado ao petróleo como combustible para os vehículos pesados de transporte profesional por estrada.

Por esta razón, o sábado 1 de Outubro a partir das 12:00h. contaremos coa presenza na nosa sede no Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) de Salvador Jorge Mora, Delegado Territorial de Gas Natural Fenosa, quen nos exporá a súa visión do mercado actual dos combustibles, o avance da tecnoloxía dos vehículos pesados de transporte movidos por gas (prestacións, potencia, autonomía, etc.), as posibilidades de subministro do gas natural, os importantes aforros de custos para os transportistas, así como se mostrarán varios exemplos de empresas de transporte que xa están a apostar por vehículos dualizados.

Aproveitarase a xornada para expor e mostrar in situ aos asistentes un vehículo transformado para funcionar de xeito dual gas natural – gasóleo.

Os/as interesados/as en asistir a esta xornada deberán inscribirse en:

  • Tlf.: 988254200
  • Correo-e: formacion@apetamcor.com

Ao remate da xornada servirase un viño cortesía de Gas Natural Fenosa.