CURSO “CAMIÓN-GRÚA: MANEXO SEGURO” GRATUÍTO EN LUGO: SÁBADO 14-XUÑO

O vindeiro sábado 14 de xuño celebrarase en Lugo o curso de “CAMIÓN-GRÚA: MANEXO SEGURO” totalmente gratuíto dirixido a todos aqueles condutores que durante a súa xornada de traballo manexan a grúa do seu camión para a carga e/ou descarga da mercadoría que transportan.

Esta formación é a mínima obrigatoria para os condutores que manexan grúas, sendo esixible a todos os efectos en materia de prevención de riscos laborais. Emítese un diploma acreditativo da formación, con validez en todo o Estado.

Esta acción formativa é organizada directamente por APETAMCOR-Lugo e será impartida por técnicos en prevención de riscos laborais pertencentes ao Servizo de Prevención Mancomunado da propia asociación.

Para formalizar a inscrición, contactar con APETAMCOR-Lugo no tlf. 982256109, no correo-e lugo@apetamcor.com, ou ben dirixirse directamente á nosa sede sita na Terminal de Mercadorías do Polígono do Ceao de Lugo.