CURSO CAP-RECICLAXE (35 H.) EN LUGO GRATUÍTO: 7, 8, 14, 15 E 21 XUÑO

Aqueles condutores profesionais que teñen pendente a realización do curso de formación continua do Certificado de Aptitude Profesional (CAP) dispoñen dunha moi boa oportunidade para realizalo de xeito totalmente gratuíto en Lugo o vindeiro mes de xuño, xa que o sábado 7 dará inicio un novo curso de CAP-Reciclaxe (35 horas) na Cidade das Murallas, organizado por APETAMCOR-Lugo, para o cal teñen preferencia os autónomos transportistas cuxo último nº do DNI sexa 5, 6 ou inferior, e non teñan realizado o curso aínda.

Calendario do curso

  • Sábado 7-Xuño de 8:00 a 15:00 h.
  • Domingo 8-Xuño de 8:00 a 15:00 h.
  • Sábado 14-Xuño de 8:00 a 15:00 h.
  • Domingo 15-Xuño de 8:00 a 15:00 h.
  • Sábado 21-Xuño de 8:00 a 15:00 h.

Inscricións

Dado que o nº de prazas é limitado, os/as interesados/as deberán inscribirse o antes posible en APETAMCOR-Lugo no tlf. 982256109 ou ben no correo-e lugo@apetamcor.com, achegando fotocopias do DNI en vigor e permiso de conducir.

Data límite: 26-Maio.