O Servizo de Prevención Mancomunado de APETAMCOR organiza na sede da asociación de Lugo sita no Polígono de O Ceao un novo curso de MANEXO PREVENTIVO DE CARRETILLAS ELEVADORAS, que terá lugar o sábado 28 de marzo de 2015 a partir das 10:00 horas.
Esta acción formativa está dirixida a condutores profesionais e operarios en xeral que manexan equipos mecánicos de manipulación de cargas, como son as carretas elevadoras ou os transpalés, e por tanto, por prevención de riscos laborais, deben acreditar unha formación mínima obrigatoria para o seu manexo seguro. Os/as alumnos/as que superen o curso percibirán un certificado oficial (diploma) válido para tal fin.
As empresas que o desexen poderán bonificar o custo da formación do/s seu/s traballador/es a través das cotas á Seg. Social.
Os/as interesados/as poden inscribirse xa en:
- Tlf.: 982256109
- Correo-e: lugo@apetamcor.com
- Enderezo: Polígono O Ceao. Rúa das Cesteiras, parc 9.3 – Centro de Formación do Ceao, 1º andar – LUGO