CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS OURENSE 22 DE DECEMBRO

Condución e Manexo Seguro de Carretillas Elevadoras“.

 

Celebrarase o sábado 22 de decembro en Ourense un curso de Carretillas Elevadoras pola tarde a partir das 16:00 h.

 

Esta formación é obrigatoria por prevención de riscos laborais para todos os traballadores que operen con estes equipos de manipulación de cargas e o certificado que se expide habilita ao alumno a todos os efectos (carné de carretilleiro).

 

Os interesados poden inscribirse ata o venres 21 no correo electrónico formacion@apetamcor.com ou directamente no tlf. 988-254200