CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS SANTIAGO 15-DECEMBRO

O sábado 15 de decembro celebrarase na nosa sede de Santiago de Compostela un curso en xornada de mañá a partir das 9:00 h. de “Condución e Manexo Seguro de Carretillas Elevadoras“.

Esta formación é obrigatoria por prevención de riscos laborais para todos os traballadores que operen con estes equipos de manipulación de cargas e o certificado que se expide habilita ao alumno a todos os efectos (carné de carretilleiro).

Os interesados poden inscribirse ata o venres 14 no correo electrónico santiago@apetamcor.com ou directamente no tlf. 981574922.