CURSO CARRETILLAS

APETAMCOR organiza na sede  da asociación de Ourense un curso de MANEXO PREVENTIVO DE CARRETILLAS ELEVADORAS, que terá lugar o sábado 25 de outubro.

 

Esta acción formativa está dirixida a operarios que manexan equipos mecánicos de manipulación de cargas, como son as carretas elevadoras ou os transpalés, e por tanto, por prevención de riscos laborais, deben acreditar unha formación mínima obrigatoria para o seu manexo seguro. Os alumnos que superen o curso percibirán un certificado oficial válido para tal fin.

 

As empresas que o desexen poderán bonificar o custo da formación do/s seu/s traballador/es a través das cotas á Seg. Social.