CURSO CONSELLEIRO DE SEGURIDADE NO PORRIÑO. INICIO: 13-SETEMBRO

O venres 13 de setembro dará comezo na sede de APETAMCOR do Porriño, sita no Polígono da Granxa, o curso preparatorio para as probas que convoca a Xunta de Galicia en 2013 conducentes á obtención do título de Conselleiro de Seguridade en Mercadorías Perigosas, cuxa superación esixe un dominio da normativa do A.D.R., así como da propia normativa de ámbito estatal de desenvolvemento.

A carga lectiva do curso é de aproximadamente 50 horas e desenvolverase todos os venres en horario de tarde ata a data do exame, prevista para o 21 de novembro do presente ano.

Aínda estás a tempo de tramitar a túa instancia. A data límite para facelo é o 5 de setembro.

En caso de estar interesado/a en realizar o curso e tramitar a instancia, contacta de inmediato con APETAMCOR no Porriño:

  • Tlf.: 986342233
  • E-mail: area.vigo@formacion.com

En que casos as empresas deberán contar cun Conselleiro de Seguridade?

O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente con a figura do Conselleiro de Seguridade en ADR:

a) Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independentemente do número de viaxes que se realice ao ano).

b) Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1000 litros, agás que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operacións de descarga de forma expresa.

c) Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras,…).

d) Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que conteñen amianto, terras contaminadas,…).