CURSOS CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS. OURENSE. INICIOS: 30-MARZO E 13-ABRIL

TES UNHA IDEA DE NEGOCIO? FÓRMATE E ACTUALÍZATE CON NÓS

de xeito totalmente gratuíto

CURSO DE CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS

E ADEMAIS PODERÁS OBTER O PERMISO DE CONDUCIR DE COCHE/MOTO TAMÉN DE BALDE*

* Promoción limitada ás 5 primeiras matrículas, válida para quen realice o curso de microempresas ou ben para un familiar ou amigo que designe.

Dirixido a

Todas aquelas persoas con atitude emprendedora, con traballo ou sen el, interesadas en poñer en marcha unha empresa ou negocio, ou en mellorar a súa cualificación para así facer máis eficiente o seu pequeno negocio.

Nivel de acceso dos alumnos

Bacharelato, FP II ou equivalente.

Datas e horarios

Poderás elixir grupo segundo mellor che conveña:

  • Grupo de tarde: Do 30 de marzo ao 30 de xullo de 2o15 (de luns a xoves).
  • Grupo de mañá: Do 13 de abril ao 30 de xullo de 2o15 (de luns a venres).

 

Duración

520 horas (480 horas teóricas e 40 horas de prácticas non laborais en empresas)

 

Lugar de celebración

Sede APETAMCOR: Rúa 7B Polígono San Cibrao das Viñas (Ourense)

 

Titulación Oficial

Certificado de Profesionalidade emitido polo Servicio Público de Empleo Estatal del Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

 

Temario

(MF1788_3) PLANIFICACIÓN E INICIATIVA EMPRENDEDORA EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS (120 h.)

  • (UF1818) ATITUDE EMPRENDEDORA E OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
  • (UF1819) PROXECTO E VIABILIDADE DO NEGOCIO OU MICROEMPRESA
  • (UF1820) MARKETING E PLAN DE NEGOCIO DA MICROEMPRESA

(MF1789_3) DIRECCIÓN DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL DE PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS (90 h.)

(MF1790_3) COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS E SERVIZOS EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS (90 h.)

(MF1791_3) XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICO-FINANCEIRA DE PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS (120 h.)

  • (UF1821) POSTA EN MARCHA E FINANCIAMENTO DE PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS
  • (UF1822) XESTIÓN CONTABLE, FISCAL E LABORAL EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS

(MF1792_2) XESTIÓN DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN PEQUENOS NEGOCIOS (60 h.)

(MP0385) MÓDULO DE PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS DE CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS (40 h.)

 

FORMACIÓN + ACOMPAÑAMENTO

Ademais, todas as persoas que realicen o curso con nós e decidan poñer en funcionamento o seu propio negocio, durante o curso axudarémoslle a elaborar o seu plan de negocio e ofrecéremoslles UN ANO DE ASESORÍA FISCAL E CONTABLE DE BALDE.

 

Axuda de desprazamento ao curso

Co obxecto de favorecer a asistencia ao curso, para os/as alumnos/as que así o desexen, APETAMCOR pon á súa disposición uns descontos en carburante de ata 9 céntimos de euro en litro que reducirán de xeito notorio os custos de combustible derivados do desprazamento ao curso.

 

Onde contactar para máis info ou formalizar a inscrición