CURSO DE CAP-INICIAL + C PARA NOVOS CONDUTORES: SANTIAGO EN SETEMBRO

APETAMCOR organiza un curso de obtención do Certificado de Aptitude Profesional (CAP) para novos condutores, que se celebrará na sede da asociación na capital de Galicia, dando comezo o vindeiro 16 de Setembro do presente ano. Esta acción formativa, que se desenvolverá de xeito intensivo de luns a venres en horario de tarde, ten unha carga lectiva obrigatoria de 140 horas presenciais, das cales 130 horas se realizan en aula e 10 horas serán de práctica individualizada en vehículo.

Os alumnos poderán preparar e cursar ao mesmo tempo o permiso de condución da clase “C” habilitante para conducir camións ríxidos de máis de 3.500 kg de masa máxima autorizada (ou alternativamente o “C+E” para vehículos articulados en caso de estar previamente en posesión do “C”).

A maiores, aqueles que o desexen, sen máis custo que as taxas da DGT, poderán obter tamén o carné de Mercadorías Perigosas, que se cursará dentro das 130 horas presenciais en aula do CAP.

Non se debe desperdiciar esta oportunidade, xa que as condicións económicas desta acción formativa son inmellorables, con prezos especiais para familiares directos de socios. Ademais, o custo do curso poderase bonificar totalmente (ata a gratuidade) ou cando menos parcialmente, a través das cotas á Seguridade Social da empresa (só válido para asalariados no réxime xeral).

Os/as interesados/as deberán poñerse en contacto con APETAMCOR-Santiago o antes posible para formalizar a matrícula, xa que o número de prazas é limitado, a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 981574922
  • Correo-e: santiago@apetamcor.com