CURSO DE FORMADOR DE FORMADORES EN MERCADORÍAS PERIGOSAS: OURENSE 22/03

APETAMCOR organiza un curso de FORMADOR DE FORMADORES EN MERCADORÍAS PERIGOSAS (ADR), que se celebrará na sede da asociación no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) e dará comezo o venres 22 de marzo.

Os alumnos que superen o curso quedarán habilitados a todos os efectos para traballar como formadores en materia de mercadorías perigosas, e o único requisito de acceso ao curso é estar en posesión do carné ADR básico + cisternas.

A acción formativa desenvolverase en horario de venres tarde e sábados á mañá durante catro meses de forma continuada, para completar unha formación obrigatoria de 215 horas.

O custo do curso é de 1.500 €, podéndose bonificar total ou parcialmente a través da empresa mediante as súas cotas á Seg. Social.

As prazas do curso son limitadas, rematando o prazo de matriculación o 8 de marzo (respectarase estritamente a orde de inscrición).

Para prodecer á inscrición, contactar co Depto. de Formación de APETAMCOR no tlf. 988254200 ou ben por e-mail en formacion@apetamcor.com.