CURSO DE OPERADOR DE VEHÍCULOS E MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRAS EN OURENSE

O último fin de semana de xaneiro (do 28 ao 31) celebrarase nas instalacións de APETAMCOR en Ourense o curso de “Operador de Vehículos e Maquinaria de Movemento de Terras“, cunha duración de 20 horas presenciais.

Esta formación, homologada pola FUNDACION LABORAL DA CONSTRUCIÓN, é obrigatoria para traballadores que manexan vehículos e maquinaria destinada ao movemento de terras no ámbito das obras de construción.