CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS NO TRANSPORTE: LUGO, 18-OUTUBRO

O Servizo de Prevención Mancomunado de APETAMCOR organiza un Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais no Transporte, que dará comezo o sábado 18 de outubro en Lugo e que está basicamente dirixido aos profesionais do sector do transporte (transportistas, condutores, mozos de carga/almacén, xefes de tráfico, etc.).

Trátase da formación mínima obrigatoria, esixible por prevención de riscos laborais e seguridade viaria, a todos os traballadores/as do sector do transporte.  Os alumnos/as que superen o curso recibirán un diploma oficial válido en todo o Estado, ao abeiro da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e o R.D. 39/1997 polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención.

A acción formativa ten unha carga lectiva de 60 horas e cúrsase na modalidade semipresencial.

O custo do curso pode ser bonificado a través das cotas á Seg. Social da empresa.

Os/as interesados/as poden inscribirse ata o 17 de outubro ou límite de prazas en APETAMCOR-Lugo:

  • Tlf.: 982256109
  • Correo-e: lugo@apetamcor.com
  • Enderezo: Polígono O Ceao (Terminal das Mercadorías)