CURSO DE “TÉCNICO EN ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN” (TÍTULO OFICIAL)

APETAMCOR organiza xa a 2ª edición en Ourense do curso conducente á obtención do Certificado de Profesionalidade de “ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN”. Trátase dunha inmellorable oportunidade para obter de xeito totalmente gratuíto este título oficial válido en toda España, grazas á subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

A continuación detállanse as características desta formación:

COMPETENCIA XERAL: Organizar e controlar as operacións de transporte de mercadorías para optimizar o proceso loxístico, prazo e custo, garantindo a integridade e seguimento das mercadorías no proceso, cumprindo a normativa de transporte.

POSTOS DE TRABALLO QUE CAPACITA

  • Xefes de tráfico en empresa de transporte terrestre.
  • Axentes de transporte combinado terrestre/marítimo/aéreo.
  • Axentes de planificación de transporte.
  • Empregados administrativos dos servizos de transporte.
  • Técnicos en loxística do transporte.

DIRIXIDO A: Desempregados*, ocupados e estudantes. Prioridade de acceso: socios de Apetamcor e familiares directos.

* Os desempregados poderán percibir 6 euros/día como compensación polo desprazamento ao curso.

REQUISITO DE ACCESO: Ter superado bacharelato, FP II ou equivalente.

CUSTO DO CURSO: Gratuíto.

INICIO DO CURSO: 1 – Agosto – 2014

HORARIO: De luns a venres, en horario de mañá

DURACIÓN: Módulos teoría (340 horas) + Prácticas (80 horas)

LUGAR DE CELEBRACIÓN: OURENSE (Sede APETAMCOR Polígono San Cibrao das Viñas)

UNIDADES FORMATIVAS

  • Distribución capilar. (70 h.)
  • Transporte de longa distancia. (90 h.)
  • Optimización da cadea loxística. (90 h.)
  • Inglés profesional para loxística e transporte (90 h.)

INCLÚE PRÁCTICAS EN EMPRESAS: Trátase de prácticas en empresas non laborais cunha duración de 80 h., tras superación de módulos formativos teóricos.

PRAZO MATRICULACIÓN: Ata o 31 – Xullo – 2014

MÁIS INFORMACIÓN E MATRÍCULAS: Dirixirse ao Dpto. de Formación de Apetamcor a través do tlf. 988254200 ou ben por correo-e en formacion@apetamcor.com.