CURSO “AS TIC E REDES SOCIAIS PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO NO TRANSPORTE”

APETAMCOR, na súa condición de entidade adscrita á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, organiza o curso “AS TIC E REDES SOCIAIS PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO NO TRANSPORTE” que ten como obxectivo fundamental promover o uso das novas tecnoloxías para o fomento do cooperativismo no sector do transporte.

O curso desenvolverase os días 9 e 10 de marzo de 2018 na sede da asociación sita en Costa de San Marcos (Santiago) e o programa é o seguinte:

Venres 9 de marzo de 2018 de 15:30 a 21:30 h.

  • Ciberseguridade. Responsabilidade xurídica. Florencio Almagro Arquero, avogado especialista en cooperativas de transporte.
  • As redes sociais como ferramenta de proxección pública e comercial. Alberto Vila González, coordinador de APETAMCOR

Sábado 10 de marzo de 2018 de 9:00 a 19:00 h.

  • Necesidades e solucións TICS para cooperativas de transporte: ERP para a xestión interna; fluxo de información con provedores e clientes; comercio electrónico (bolsas de cargas de transporte). Docente: Alberto Campos Viqueira, Enxeñeiro Informático.
  • [Exemplo práctico] Presentación de ERP desenvolto para a xestión de cooperativas de transporte.
  • Visita a cooperativas de transporte.

 

A asistencia ao curso é totalmente gratuíta, previa inscrición, grazas ao financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Ministerio de Empleo y Asuntos Sociales.

Os/as interesados/as deberán inscribirse previamente no tlf. 988254200.