CURSOS CAP INTENSIVOS DE NADAL: SANTIAGO, LUGO, OURENSE E O PORRIÑO

APETAMCOR organiza nas súas sedes de Santiago, Lugo, Ourense e O Porriño cursos intensivos de CAP-Reciclaxe (35 horas), especialmente dirixidos a aqueles condutores que desexen aproveitar o parón das datas de Nadal para facer o curso.

Cómpre lembrar que os condutores de camión cuxo último nº do DNI remate en 7 ou 8 deberán ter realizado o curso antes do 10 de setembro de 2015, así como tamén os condutores de autobús cuxo último nº do DNI remate en 9 ou 0. Aqueles condutores cuxo último nº do DNI sexa inferior, xa o deberían ter realizado.

Os interesados deberán contactar coa asociación nos teléfonos correspondentes: facer click aquí.