CURSOS “ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN”: OURENSE E SANTIAGO

TÍTULO OFICIAL “ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN”

APETAMCOR organiza nas súas sedes de Ourense e Santiago o curso gratuíto, subvencionado pola Xunta de Galicia, conducente á obtención do Certificado de Profesionalidade de TÉCNICO EN ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN.

Competencia xeral do curso:

Organizar e controlar as operacións de transporte de mercadorías para optimizar o proceso loxístico, prazo e custo, garantindo a integridade e seguimento das mercadorías no proceso, cumprindo a normativa de transporte.

Postos de traballo para os que capacita:

  • Xefe de tráfico en empresa de transporte terrestre.
  • Axente de transporte combinado terrestre/marítimo/aéreo.
  • Axente de transporte e de planificación de transporte.
  • Empregado administrativo dos servizos de transporte.
  • Técnico en loxística do transporte.

Dirixido a:

Desempregados*, ocupados e estudantes.

* Os desempregados poderán percibir dieta diaria da Xunta de Galicia por compensación polos custos de desprazamento ao curso.

Requisito de acceso:

Ter superado Bacharelato, FP II ou equivalente.

Custo do curso:

Gratuíto.

Inicio do curso:

13 – Agosto – 2015

Horario:

De luns a venres, en horario de mañá

Duración

Módulos teoría (340 horas) + Prácticas

Lugares de celebración:

  • OURENSE (Sede APETAMCOR Polígono San Cibrao)
  • SANTIAGO (Sede APETAMCOR San Marcos)

Unidades formativas: 

  • Distribución capilar. (70 h.)
  • Transporte de longa distancia. (90 h.)
  • Optimización da cadea loxística. (90 h.)
  • Inglés profesional en loxística e transporte. (90 h.)

Prácticas profesionais non laborais:

Inclúense dentro deste curso prácticas profesionais non laborais en empresas cunha duración de 80 horas, tras superación dos módulos formativos teóricos.

Máis información e matriculacións:

  • Tlf.: 988254200 / 981574922
  • Correo-e: formacion@apetamcor.com