CURSOS XESTOR DE TRANSPORTE (CAPACITACIÓN) EN OURENSE, SANTIAGO, LUGO E O PORRIÑO. INICIO: 22-AGOSTO

Os novos cursos organizados por APETAMCOR preparatorios para a segunda convocatoria de 2015 das probas convocadas pola Xunta de Galicia conducentes á obtención do título de XESTOR DE TRANSPORTE (antiga Capacitación Profesional de Transportista), que se desenvolverán nas sedes da asociación en Ourense, Santiago, Lugo e O Porriño, darán comezo de forma simultánea o vindeiro sábado 22 de Agosto. A data prevista de celebración desta segunda convocatoria de 2015 é para finais de Outubro.

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, incluíndose tamén algún domingo, de tal xeito que se acumularán aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula tests e supostos prácticos coa axuda de equipos informáticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Grazas á nosa plataforma web, os alumnos poderán tamén traballar fóra do horario do curso co noso xestor de test.

Custo do curso

Desde 475 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

Tramitación de instancias para as probas

O prazo para tramitar as instancias administrativas que dan dereito á presentación ás probas de Outubro rematará o 20 de Agosto.

Máis información e inscricións

  • Tlf.: 9882542900 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  • E-mail: formacion@apetamcor.com