Talleres

APETAMCOR conta con acordos cos seguintes talleres para os seus asociados, para máis información póñanse en contacto coas nosas oficinas:

  • LOUZAN, SL, coñecida empresa galega que conta con 7 talleres en Galicia equipados para prestar servizo para camións (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, O Porriño e Vilagarcía), outro en Asturias e inclusive en Portugal, e que se dedica fundamentalmente a prestar todo tipo de servizos de:
  1. Asesoramento de necesidades e venda de neumático novo de calquera marca
  2. Neumático recauchutado.
  3. Mantemento do neumático (montaxe, equilibrado, xiro, raiado, permutacións).
  4. Servizo de asistencia 24 horas en España e Europa.
  5. Outros servizos: aliñado de dirección e lavado.

Para favorecerse destas condicións, non hai máis que identificarse como socio de APETAMCOR en calquera dos talleres LOUZÁN indicados e, despois da comprobación oportuna da súa condición de socio, se lle farán efectivas as condicións.

  • COMERCIAL RAFAEL: Tendo como obxectivo a redución dos custos operativos que soportan as empresas de transporte é unha prioridade nestes tempos de crise. Así, grazas ao apoio da firma PACCAR PARTS e dos seus programas MAXCARD e TRP, os transportistas asociados a APETAMCOR poderán disfrutar dunha serie de vantaxes e ofertas (algunha en exclusiva), co obxecto de proporcionar un servizo de calidade a moi bo prezo para os seus vehículos, tanto sexan da marca DAF como de calquera outro fabricante.