¡¡NOVA CONVOCATORIA!! “DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO”

APETAMCOR organiza para o inicio do ano 2016 o certificado de profesionalidade “Docencia da formación profesional para o emprego” obrigatorio para impartir a formación relacionada cos certificados de profesionalidade de calquer sector.

 

 

Este curso desenvolverase en horario de tarde de luns a venres entre as 15:00 e as 20:00, e terá unha metodoloxía moi práctica, relacionadas cos contidos dos módulos do certificado.

 

Requisitos para participar como alumno/a

 

Ó tratarse dunha formación oficial, a normativa que a desenvolve esixe que os participantes acrediten algún dos seguintes requisitos:

        • Título de Bachalerato
        • Posuir un certificado de profesionalidade do mesmo nivel de módulo e/ou do certificado de profesionalidade ó que se desexa acceder.
        • Posuir  un certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia y área profesional “Servizos socioculturais e á comunidade”.
        • Cumplir o requisito académico de acceso ós ciclos formativos de grao superior, ou ben haber superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
        • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

Custo do curso

 

A formación ten un custo de 1.000€ con pago aprazado, ou cun desconto do 5% se se realiza o pago completo do curso ó inicio.

 

Se estás traballando como asalariado podes obter a titulación TOTALMENTE GRATIS bonificando o custo do curso cas cotas á Seguridade Social da túa empresa.

 

Prazo de inscripción

 

O prazo para inscribirse remata o próximo 5 de Xaneiro.

 

Máis información e inscricións

 

 

Chamando o 988.254.200 ou mandando un mail a formacion@apetamcor.com