Formación

Nunha sociedade cada vez máis competitiva cremos na formación continua profesional, para o seu crecemento e avance. Xustamente por iso impartimos e organizamos cursos para as empresas e para os seus traballadores con horarios compatibles coa súa xornada laboral.

Porque facer a súa formación e ao do seu cadro de persoal en APETAMCOR:

GRANDE COBERTURA XEOGRÁFICA. Temos unha ampla rede de centros de Formación en toda Galicia.

MÁXIMA PROXIMIDADE: Ofrecemos a posibilidade de formación in situ para grandes empresas e agrupacións de transportistas.

CUSTE CERO: Xestionamos plans de formación de oferta e demanda durante todo o ano para evitar máis custos para a empresa e os condutores en materia de formación.

ADAPTACIÓN HORARIA: Adaptámonos totalmente ás preferencias horarias dos transportistas para que a formación non interfira no seu traballo.

• FORMACIÓN DE CALIDADE: Porque apostamos pola calidade da docencia, contamos co mellor equipo de profesionais especializados no transporte.

• ORGANIZACIÓN INTEGRAL: Ocupámonos integralmente da xestión da formación cotinua dos condutores, garantíndolle á empresa que ningún condutor quede sen a cualificación necesaria en cada momento.

APETAMCOR imparte os seguintes cursos: • Certificado de Aptitude Profesional do Condutor (C.A.P) • Capacitación Profesional para Transportista tanto de ámbito nacional como internacional. • Mercadorías perigosas: Obtención e Renovación (ADR) • Tacógrafo: Tempos de Conducción e descanso • Tacógrafo Dixital, mediante un simulador. • Prevención de Riscos Laborais • Cursos de condución con simulador • Xestión Comercial e Medio ambiental • Cursos de Calidade • Cursos de Medio Ambiente • Conselleiro de Seguridade • Carretillas e manipulación de cargas • Camión-grúa: Manexo seguro • Contrato de transporte e cmr • Seguro de transporte • Benestar animal • Inglés • Informática