CAP

É a formación obrigatoria para todos os condutores Profesionais que estean en posesión dos permisos das clases C e D. Este é o certificado que acredita a superación de determinados cursos e exames esixidos para a obtención da cualificación inicial necesaria para a condución en calquera Estado Membro da Unión Europea aos condutores que estean en posesión de permisos de condución das categorías C1, C1+E, C, C+E, D1, D1+E, D ou D+E, e desexen traballar como profesionais do transporte público por estrada; de viaxeiros ou de mercadorías. Pode obterse antes de dispor do permiso de condución.

MARCO LEXISLATIVO:

Directiva 2003/59/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xullo de 2003, relativa á cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada. Esta está trasposta na lexislación española a través do Real Decreto 1032/2007 de 20 de xullo.

A QUEN AFECTA: • permisos de condución das clases: - C1, C1+E, C, C+E - D1, D1+E, D, D+E• Excepcións:

  • Vehículos con velocidade máxima autorizada < 45 km/h.
  • Vehículos das Forzas Armadas, protección civil, bombeiros e Corpos e Forzas de Seguridade, misións de salvamento, etc.
  • Vehículos sometidos a probas e os utilizados nas clases prácticas destinadas á obtención do permiso de condución e do CAP.
  • Vehículos utilizados para realizar transporte privado particular de viaxeiros ou mercadorías (non confundir transporte privado complementario).
  • Vehículos que transporten material ou equipos para o uso do condutor no exercicio da súa profesión, sempre que a condución do vehículo non represente a actividade principal.

PRINCIPAIS NOVIDADES

• Obrigatoriedade de realizar unha formación inicial máis un exame complementario á obtención do permiso de circulación. Entrada en vigor:

  • Viaxeiros: permisos posteriores ao 11 de setembro de 2008.
  • Mercadorías: permisos posteriores ao 11 de setembro 2009.
  • Os permisos anteriores a estas datas: CONVALIDADA

• Obrigatoriedade de realizar unha formación continua cada 5 anos. Entrada en vigor da formación continua para aqueles que teñan a formación inicial CONVALIDADA: Nº final do permiso de conducir DATAS LÍMITE

Nº final do PC *

DATAS LÍMITE

Viaxeiros Mercadorías
1,2 10/09/2011 10/09/2012
3,4 10/09/2012 10/09/2013
5,6 10/09/2013 10/09/2014
7,8 10/09/2014 10/09/2015
9,0 10/09/2015 10/09/2016

*Os condutores estranxeiros se non teñen canxeado o permiso de conducir este non coincide co DNI. ASPECTOS A TER EN CONTA:

  • Os condutores que deixen de exercer a profesión e non dispoñan dunha tarxeta acreditativa da súa cualificación profesional en vigor deberán seguir un curso de formación continua antes de reemprendela.
  • Os condutores que realicen transportes de mercadorías ou viaxeiros por estrada e completen cursos de formación continua para unha das categorías estarán dispensados de seguir unha formación continua para outra das categorías.