FÓRMATE COMO CONDUTOR PROFESIONAL DE CAMIÓN PESADO. En OURENSE, desde 2-OUT

Se che gusta o transporte e desexas formate como condutor profesional de camión, APETAMCOR pon ao teu alcance unha inmellorable oportunidade para obter un certificado profesional que inclúe a cualificación de aptitude inicial como condutor (C.A.P Inicial) e mais o permiso de conducir de vehículos pesados “C”, de xeito que o único custo para ti serán as taxas administrativas de exame.

Non podes desaproveitar a mellor e máis completa formación que en poucos meses te cualificará para unha profesión con moitas oportunidades de emprego.

Requisitos de acceso dos alumnos

Poden cursar esta formación desempregados ou ocupados cuxo nivel mínimo de estudos sexa ter superado a E.S.O.

Unidades formativas do curso de condutor de vehículos pesados (TMVI0208) – 310 horas -

  • Mantemento de primeiro nivel de vehículos de transporte por estrada. (60 h.)
  • Condución racional e operacións relacionadas cos servizos de transporte. (130 h.)
  • Planificación do transporte e relación con clientes. (50 h.)
  • Operacións de recollida e entrega de mercadorías. (70 h.)

Prácticas profesionais non laborais

Inclúense dentro deste curso prácticas profesionais non laborais en empresas cunha duración de 80 horas, tras superación dos módulos formativos teóricos.

Datas, prazos, inscricións e outras informacións

  • Data de comezo: 2 – Outubro – 2017 (prazo inscrición ata o 29-Set)
  • Horario: De luns a venres
  • Lugar de celebración: OURENSE (Sede APETAMCOR en Polígono San Cibrao das Viñas)
  • Custo: Gratuíto, subvencionado.
  • Máis información e matriculacións no tlf. 988254200.