INSERLOGIC 4.0 PARA A INSERCIÓN LABORAL NO SECTOR DE MOZ@S MENORES DE 30 ANOS

APETAMCOR pon en marcha o Programa Integrado de Emprego de Galicia “INSERLOGIC 4.0” para a inserción laboral no sector do transporte e a loxística de 100 mozos e mozas menores de 30 anos de baixa cualificación, que desexen cualificarse para as seguintes ocupacións:

  • Condutor/a repartidor/a en furgón ou camión.
  • Mozo/a auxiliar de almacén, carga e descarga.
  • Carretilleiro/a.

O programa desenvolverase nos próximos meses en Santiago, Lugo, San Cibrao das Viñas (Ourense) e Vigo, e inclúe as seguintes actuacións gratuítas que sen dúbida mellorarán a empregabilidade dos participantes:

  • Información, orientación e asesoramento laboral individualizado para os participantes.
  • Prospección de empresas, intermediación e acompañamento na procura de emprego.
  • Obradoiros de motivación, coaching, habilidades sociolaborais e empregabilidade.
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
  • Formación para o emprego específica:
    – PERMISOS DE CONDUCIR B, C + CAP
    – CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE ALMACÉN + CARRETILLAS ELEVADORAS
  • Prácticas non laborais en empresas.

Ademais, os particitantes poderán beneficiarse de servizo de conciliación gratuíto.

O programa conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Os/as interesados/as que desexen inscribirse no programa ou ampliar información, poden contactar por teléfono en 981574922, 982256109, 986342233, 988254200 ou ben por e-mail en forinlab@apetamcor.com.