Xornadas Informativas Céntimo Sanitario: Santiago, Lugo, Ourense e O Porriño

Co obxecto de trasladar aos transportistas toda a información sobre o proceso de reclamación da devolución do imposto “Céntimo Sanitario”, APETAMCOR organizará unha serie de XORNADAS INFORMATIVAS nas próximas semanas en Santiago, Lugo, Ourense e O Porriño.

Ademais, aproveitaremos estas reunións para dar información doutros temas de actualidade do sector de grande interese e repercusión, como son o proxecto de limitación da transmisibidade das tarxetas de transporte ou a pretensión do goberno en relación á tributación polo sistema de módulos no 2015.

O calendario de xornadas é o seguinte:

  • SANTIAGO (Costa de San Marcos, nº 3): Sábado 29-Marzo ás 12:00 h.
  • LUGO (Polígono O Ceao, Cafetería da Terminal de Mercadorías): Sábado 29-Marzo ás 17:30 h.
  • OURENSE (Polígono Ind. San Cibrao das Viñas, R/ 7B): Sábado 5-Abril ás 12:00 h.
  • O PORRIÑO (Polígono A Granxa, Edif. Servizos Zona Franca): Sábado 5-Abril ás 17:30 h.