Liñas de financiamento do ICO en 2013 para autónomos e empresas

Xa están a disposición de autónomos e empresas as distintas liñas de financiamento do Instituto de Crédito Oficial (ICO) para 2013, tanto para cubrir necesidades de circulante como para investimentos produtivos.

Poñemos a disposición dos interesados un cadro resume coas referidas liñas, ao que podes acceder directamente premendo aquí.

Hai que lembrar que en todas estas liñas o ICO actúa a través das entidades de crédito (Bancos e Caixas), concedendo os fondos coa intermediación das citadas entidades que, a través das súas redes de oficinas, comercializan os produtos, encárganse da análise e viabilidade da operación, determinan garantías a esixir, diciden sobre a concesión ou non da operación e asumen o risco do posible non pagamento.

En todo caso, podes ampliar información dirixíndote directamente ao Dpto. Fiscal de APETAMCOR.