Novidades relevantes para o transporte a partir de 2013

  • Límite de 300.000 euros para poder seguir en estimación obxectiva (módulos) en 2013

Coa última modificación do Ministerio de Facenda, os transportistas autónomos que superen neste ano 2012 que remata a facturación de 300.000 € (IVE non incluído), pasarán directamente a estimación directa en 2013, non podendo voltar a estimación obxectiva (módulos) ata que transcorran 3 anos.

  • Morosidade: a partir de 2013 o prazo máximo de pagamento fíxase en 60 días

A coñecida Lei 15/2010, de medidas de Loita contra a Morosidade nas Operacións Comerciais, establece que a partir do día 1 de xaneiro de 2013 o prazo máximo de pagamento entre as empresas non poderá superar os 60 días.

Lamentablemente, como é sabido, esta normativa non se cumpre no sector do transporte na maioría dos casos (tampouco no resto de sectores) ao carecer dun réxime que sancione o seu incumprimento.

  • Desde 1 de xaneiro de 2013 xa non se poderá pagar na rede de autoestradas de “ABERTIS Autopistas” en España con tarxetas profesionais (é dicir, tarxetas emitidas por un emisor non financieiro) para vehículos de masa máxima autorizada igual ou superior a 3,5 toneladas.

Polo tanto, só se aceptarán os dispositivos de telepeaxe (VIA-T) e as tarxetas de emisores financieiros (por ex.: Visa). A rede de autoestradas ABERTIS en España é a seguinte:

- AP-7: La Jonquera – Alicante

- AP-2: Zaragoza – Mediterráneo

- C-33: Barcelona – Montmeló

- C-32: Montgat – Blanes; e Castelldefels – El Vendrell

- AP-68: Bilbao – Zaragoza

- AP-4: Sevilla – Cádiz

- AP-6: Villalba – Adanero

- AP-61: Villacastín – Ávila

- AP-51: San Rafael – Segovia

- AP-71: León – Astorga

  • Desde 1 de xaneiro de 2013 poderase realizar transporte interior en Francia (no noso caso, cabotaxe) con 44 Toneladas de masa máxima

Polo tanto, desde o 1º de ano a masa máxima autorizada con remolque para un vehículo articulado non poderá exceder de 38 Tn, se o conxunto non ten máis de 4 eixos, e 44 Tn, se ten máis de 4 eixos.

Establécense unhas normas máis estritas na masa máxima por eixo para os vehículos que superen as 44 Tn, de forma que se pasa a 12 Tn de MMA por eixo motor (en lugar das 13 Tn existentes agora) e 27 Tn por eixo tridem (en lugar das 31,5 Tn actuais).

A circulación en Francia de vehículos articulados con 44 Tn permitirase nos seguintes términos e prazos en función da data de matriculación da cabeza tractora do conxunto:

- Vehículos Euro 3: Ata o 30 de setembro de 2014

- Vehículos Euro 4 e 5: Ata o 30 de setembro de 2017

- Sen limitación para as matriculadas con posterioridade a 1 de outubro de 2009.

A regulación aprobada só afecta ao transporte interior dentro de Francia, polo que en transporte internacional con orixe ou destino dito país seguirá vixente o límite máximo de 40 Tn.

  • Desde 1 de xaneiro de 2013 tamén se permitirá circular con 44 Tn dentro de Catalunya (transportes con orixe e fin dentro de Catalunya), segundo a Generalitat en forma de “probas”, cumprindo as seguintes condicións:

A empresa darase de alta previamente no Servizo Catalán de Transit (SCT) para poder facer “a proba” e inscribir neste SCT os seus vehículos, que para poder circular con 44 Tn deberán ser Euro 4 ou superior, e con suspensión neumática no conxunto. O eixo motor non superar as 11,5 Tn, se ben no eixo agrupado (triaxial) un máximo de 9,5 Tn por eixo. Ademais, na ficha técnica constar que o vehículo é de MMA 44 Tn.

O cargador comunicará ao SCT o recorrido do vehículo con 44 Tn (con orixe e destino en Catalunya) e entregará copia ao transportista.

O recorrido será como máximo de 150 km. Excepción: se o destino é terminal multimodal (porto, ferrocarril, etc.) non hai límite de km.

Se non se cumpren estes requisitos, os Mossos d’Esquadra poderán multar por exceso de peso (ao cargador e ao transportista).

  • A 1 de xaneiro de 2013 Asturias introducirá nas estacións de servizo desta Comunidade Autónoma o tramo máximo do imposto “Céntimo Sanitario”, é dicir, 4,8 céntimos de euros por litro, acordando paralelamente devolvelo integramente aos transportistas a través do Gasóleo Profesional.

Ao mesmo tempo, tamén a Comunidade de Castilla y León acordou devolver integramente o imposto a partir desta data aos transportistas (ata agora só de devolvía a metade).

Recordatorio: Hai que lembrar que para poder percibir trimestralmente esta devolución é necesario figurar de alta no Censo do Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria, así como ter ao día a relación de matrículas dos vehículos. Ollo: só se poderán dar de alta no Gasóleo Profesional os vehículos cuxa MMA supere as 7,5 Tn.

Así, a continuación adxuntamos o cadro actualizado do “Céntimo Sanitario” por Comunidades Autónomas, así como as cantidades que se devolven en cada caso a través da figura do Gasóleo Profesional:

  • ECOTAXA EN FRANCIA EN 2013.

O Goberno francés introducirá gradualmente durante o 2013 a Ecotaxa neste país. Así, en marzo está prevista a súa introdución inicialmente na rexión francesa da Alsacia, para logo xeneralizarse a partir de xuño no resto do país.

Aplicarase a todos os vehículos de transporte de mercadorías de MMA superior a 3,5 Toneladas, sexa da nacionalidade que sexa.

Afecta a 10.000 km da Rede Nacional de estradas (excluídas as xa sometidas a peaxe) e mais a 5.000 km de estradas locais/provinciais.

O Goberno francés publicará en breve os importes por tramo da Ecotaxa, que seguramente poida variar en función da clasificación Euro do vehículo e inclusive nalgunhas vías do horario ao que se circule (así o contempla a lei francesa reguladora). En todo caso, xa se confirmou que o custo medio vai ser de 0,12 euros/km.

A normativa francesa tamén contempla un procedemento de repercusión obrigatoria do custo da Ecotaxa no cliente, que será de obrigado cumprimento para as empresas cargadoras francesas (pero non terá efectos en relación ao transporte internacional con destino Francia).

O pagamento farase mediante dispositivo de telepeaxe. Neste sentido, estamos pendentes de confirmación de que o actual dispositivo TIS-PL francés vaia ser válido. Nese momento, o comunicaremos inmediatamente.

  • ALCOHOLÍMETROS EN FRANCIA EN MARZO DE 2013: Despois da moratoria dada polo Goberno francés ante as dificultades para o subministro destes aparatos, finalmente as autoridades francesas comezarán a sancionar a partir de 1 de marzo de 2013 aos vehículos que circulen polas súas estradas carecendo dos referidos alcoholímetros.

 

  • NOVOS REQUISITOS PARA O TRANSPORTE CON MARROCOS DESDE 01/01/2013

Transporte triangular: Unha mesma autorización bilateral, independentemente da orixe ou destino da mercadoría, poderá servir para realizar no país de acollida unha das seguintes combinacións: 2 operacións de carga; 2 operacións de descarga; ou 1 operación de carga e 1 de descarga.

Con vistas á liberalización do acceso dos semirremolques aos portos do país de acollida, establecerase un modelo de contrato de cooperación entre as empresas españolas e marroquís referido á tracción de ditos remolques. Neste contrato, que deberá ser selado polas dúas administracións, deberá figurar necesariamente:

- Referencia das partes contratantes (razón social, dirección, nome e apelidos do representante legal, teléfono ou dirección e-mail de contacto).

- Obxecto do contrato (a tracción dos remolques abaixo indicados no territorio marroquí…).

- Responsabilidade das partes contratantes.

- Resolución dos litixios.

- Duración da validez do contrato.

- Data e sinatura das partes contratantes.

Documentos orixinais que deberán conservarse obrigatoriamente a bordo do vehículo:

- Autorización bilateral para os transportes non liberalizados.

- Permiso de conducir.

- Certificado de matriculación.

- Certificado de ITV.

- Seguro internacional.

- Para un transporte con varios cargadores, o vehículo debe estar provisto dun documento que xustifique a relación contractual con cada un dos cargadores (CMR ou outro). Se só existe un cargador pero varios puntos de carga ou descarga, o documento deberá precisar eses puntos.

- Discos de tacógrafo a partir da entrada no territorio da outra parte contratante.

- Disco de tacógrafo do último día anterior á entrada en territorio da outra parte contratante para xustificar o descanso. Se non se xustifica, o transportista deberá realizar un descanso de 9 horas.

Os descansos semanais deben comezar ás 144 horas desde que o condutor marroquí comeza a condución en territorio español, e non desde que o vehículo é desembarcado. A hora do tacógrafo será sempre a do país de matriculación.

En caso de avaría dun vehículo, o vehículo de substitución non requerirá autorización para a entrada en baleiro, pero si a xustificación da avaría do outro vehículo. A partir dese momento poderá continuar o traxecto coa autorización do vehículo substituído.