APETAMCOR convoca na súa sede de Santiago de Compostela o inicio dun novo grupo de CAP-Reciclaxe (35 horas) dirixido a condutores profesionais titulares dos permisos das clases C e/ou D. As datas de realización deste novo curso serán: 13, 14, 20, 21 e 27 de xuño.
Cómpre lembrar que deberán ter realizado o curso antes do 10 de setembro de 2015 todos aqueles condutores profesionais
de camión cuxo último nº do DNI remate en 7 ou 8 e mais tamén os de autobús cuxo último nº do DNI remate en 9 ou 0. Pola súa parte, aqueles condutores cuxo último nº do DNI sexa inferior en cada caso, xa o deberían ter realizado.
As empresas poderán deducir total ou parcialmente o custo do curso para os seus traballadores a través das súas cotas á Seguridade Social.
O prazo de inscrición para este grupo que se inicia o 13 de xuño remata o 2 de xuño.
Os interesados deberán contactar coa asociación a través de calquera dos seguintes medios:
- Tlf.: 981574922
- Correo-e: santiago@apetamcor.com
- Enderezo: Costa de San Marcos, nº 3-baixo – 15820 Santiago de Compostela