NOVO PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓN DE DEVOLUCIÓN DO IMPOSTO DE HIDROCARBUROS AUTONÓMICO 2014-17

Como se recordará, o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH), coñecido comunmente como “Céntimo Sanitario”, deixou de existir como tal a partir de 1 de xaneiro de 2013, a través dunha modificación normativa introducida polo Goberno Central a través da Lei Orgánica 2/2012, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, que modificaba a Lei 38/1992, de Impostos Especiais.

E, como tamén se recordará, dita medida foi adoptada polo Goberno ante a máis que previsible naquel momento derrogación por parte do Tribunal de Xustiza europeo (TJUE) de dito Céntimo Sanitario, que claramente contraviña a normativa europea en materia de hidrocarburos. Este suposto consumouse un ano despois, concretamente o 27 de febreiro de 2014, coa publicación da esperada sentenza do TJUE que declaraba o IVMDH non conforme a dereito.

Pero o 1 de xaneiro de 2013 o Goberno non só derroga o Céntimo Sanitario, senón que, co fin de manter a mesma carga impositiva no carburante, tamén crea un tipo impositivo novo no Imposto de Hidrocarburos (I.H.) denominado “Tipo Especial” con dous tramos:

  • I.H. Especial Estatal: cuxa contía no Gasóleo-A ascendía a 0,024 euros en litro, competencia da Administración do Estado.
  • I.H. Especial Autonómico (I.H.A.), outorgando ás Comunidades Autónomas a competencia de fixar a súa contía no seu ámbito territorial, co límite de 0,048 euros en litro para o Gasóleo-A.

Por conseguinte, cada litro de Gasóleo-A fornecido en España a partir de 1 de xaneiro de 2013 pasa a ter a seguinte estrutura impositiva:

Así as cousas, a meirande parte das Comunidades Autónomas acabaron introducindo durante estes últimos anos o seu I.H. Autonómico, se ben na maioría dos casos os profesionais titulares de vehículos de masa máxima autorizada (MMA) superior a 7.500 kg tiveron a posibilidade de recuperalo, a través da vía da devolución trimestral por Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria (ata o máximo anual por vehículo de 50.000 km), claro está coa condición de estar dados de alta previamente no Censo do Gasóleo Profesional. No cadro seguinte móstrase inequivocamente a evolución durante estes últimos catro años:

Como se pode ollar, coas excepcións de Andalucía en 2014 e 2015 e Estremadura e Galicia en 2014, durante estes últimos anos os profesionais titulares de vehículos de MMA superior a 7.500 kg puideron recuperar el I.H.A. do Gasóleo-A.

CONSECUENCIA: QUEN NON PUIDO RECUPERAR O I.H.A. DURANTE ESTES 4 ANOS?

1º) Os titulares de vehículos cuxa MMA non supera os 7.500 kg.

2º) Aqueles que, superando os 7.500 kg de MMA:

  • Non estaban dados de alta no Censo do Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria.
  • Superaron o límite anual de consumo de 50.000 litros de Gasóleo-A nalgún vehículo.
  • Forneceron o carburante nalgunha das CC.AA. que non devolvían integramente o imposto pola vía do Gasóleo Profesional: Galicia en 2014 (non se puido recuperar 0,012 €/litro), Andalucía en 2014 e 2015 (non se puido recuperar 0,048 €/litro), e Estremadura en 2014 e 1ª trimestre de 2015 (non se puido recuperar 0,0096 €/litro).

O I.H.A. PODE SER DECLARADO ILEGAL

Como se dicía anteriormente, o Goberno adopta a decisión de cambiar a denominación e natureza do IVMDH para esquivar o que finalmente foi unha realidade, é dicir, a derrogación de dito imposto, creando así o novo I.H.A. a partir de xaneiro de 2013, sen embargo existen fundadas argumentacións que poderían supor que este novo imposto tamén sexa declarado contrario á legalidade polas institucións europeas.

A Directiva 2003/96/CE, pola que se reestrutura o réxime comunitario de imposición dos produtos enerxéticos e da electricidade, concede aos Estados membros da UE a capacidade de regular tipos diferenciados de imposto de hidrocarburos en función da calidade, dos niveis de consumo, dos usos do produto, e do consumidor (profesional/particular), pero non contempla a posibilidade de facer distinción por razón de territorio. Polo cal, a cesión de capacidade normativa realizada ás CC.AA. mediante o tipo autonómico do Imposto sobre Hidrocarburos (I.H.A.), regulado na Lei 38/1992, ao noso entender contravén a normativa comunitaria e por tanto, aqueles que durante estes últimos catro anos non puideron recuperar o I.H.A. a través da vía do Gasóleo Profesional estarían en condicións máis que obxectivas de proceder a reclamar a devolución de dito imposto, xa que previsiblemente, nun futuro máis ou menos próximo, este novo imposto I.H.A. pode ser declarado tamén ilegal polas instancias europeas.

É POSIBLE RECLAMAR A SÚA DEVOLUCIÓN?

Segundo o exposto no parágrafo anterior, previsiblemente este imposto poida ser declarado ilegal polas institucións europeas nos próximos anos. Polo cal, procede que aqueles que non puideron recuperar estes anos o imposto a través do Gasóleo Profesional procedan a INTERPOÑER A CORRESPONDENTE RECLAMACIÓN Á AXENCIA TRIBUTARIA A FIN DE INTERROMPER A PRESCRICIÓN DOS PRAZOS LEGAIS de reclamación (recórdese que é de catro anos), solicitando así a devolución do I.H.A. non recuperado dos anos 2014, 2015, 2016 e 2017.

SE DESEXA RECLAMAR…

Os servizos xurídicos de APETAMCOR están a disposición dos interesados en interpoñer a súa reclamación de devolución do I.H.A. Pode solicitar na nosa asociación máis información sen compromiso.