Subvencionados pola Fundación Tripartita para la Formación en el Empleo, APETAMCOR organiza nas súas sedes de Ourense e Santiago os cursos gratuítos dirixidos á obtención dos Certificados de Profesionalidade de:
- TRÁFICO DE MERCADORÍAS POR ESTRADA
- ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN
Descarga aquí os dípticos informativos destes cursos:
PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRICULACIÓN PARA CUBRIR AS ÚLTIMAS PRAZAS ATA O 14 DE FEBREIRO.
Para ampliar información e tramitar a inscrición en calquera destes cursos, contactar co Dpto. de Formación de APETAMCOR nos tlfs. 988254200 – 981574922, ou alternativamente no correo-e formacion@apetamcor.com.
A formación iniciarase finalmente o vindeiro 17 de febreiro e incluirá prácticas non laborais en empresas ao remate das sesións teóricas. A continuación detállanse os contidos das referidas accións formativas.
TÉCNICO EN TRÁFICO DE MERCADORÍAS POR ESTRADA
COMPETENCIA XERAL: Organizar, planificar e xestionar a explotación do transporte de mercadorías por estrada no ámbito nacional e internacional axeitando o servizo á normativa vixente de transporte e ás necesidades dos clientes, no marco dos obxectivos e procesos fixados pola empresa.
POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE SE CAPACITA:
- Directores de departamento de operacións na empresa de transporte.
- Xefes/as de tráfico en empresa de transporte en xeral.
- Axentes de transporte en xeral.
- Planificador/a de tráfico.
TITULACIÓN: Oficial, válido en todo o Estado.
DIRIXIDO A: Desempregados, ocupados e estudantes, co requisito de acceso de ter superado bacharelato, FP II ou equivalente.
HORARIO: De luns a venres, de 8:30 h. a 14:30 h.
DURACIÓN: Módulos formativos (440 horas ) + Prácticas (80 horas). Total: 520 horas
LUGARES DE CELEBRACIÓN
- Sede APETAMCOR-OURENSE (Rúa 7B, Polígono Ind. San Cibrao das Viñas)
- Sede APETAMCOR-SANTIAGO (Costa de San Marcos, nº 3)
UNIDADES FORMATIVAS
- Organización operativa do tráfico de mercadorías por estrada. (80 h.)
- Xestión de custos e calidade do servizo de transporte por estrada. (80 h.)
- Seguridade e prevención de riscos no transporte por estrada. (30 h.)
- Planificación de rutas e operacións de transporte por estrada. (80 h.)
- Xestión e control de frotas e servizos de transporte por estrada. (80 h.)
- Inglés profesional para loxística e transporte (90 h.)
PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS: Prácticas en empresas non laborais cunha duración de 80 horas unha vez rematados e superados os módulos formativos teóricos.
LÍMITE PRAZO MATRICULACIÓNS: 14 – febreiro – 2014
INICIO DOS CURSOS: 17 – Febreiro – 2014
TÉCNICO EN ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN
COMPETENCIA XERAL: Organizar e controlar as operacións de transporte de mercadorías para optimizar o proceso loxístico de acordo coas especificacións establecidas, prazo e custo, garantindo a integridade e seguimento das mercadorías durante o proceso, cumprindo a normativa vixente de transporte.
POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE SE CAPACITA
- Xefes/as de tráfico en empresa de transporte en xeral.
- Xefes/as de tráfico para o transporte combinado terrestre/marítimo/aéreo.
- Axentes de transporte en xeral, e de planificación de transporte.
- Empregados/as administrativos/as dos servizos de transporte en xeral.
- Técnicos en loxística do transporte.
TITULACIÓN: Oficial, válido en todo o Estado.
DIRIXIDO A: Desempregados, ocupados e estudantes, co requisito de acceso de ter superado bacharelato, FP II ou equivalente.
HORARIO: De luns a venres, de 16:00 h. a 21:00 h.
DURACIÓN: Módulos formativos (340 horas ) + Prácticas (80 horas). Total: 420 horas
LUGARES DE CELEBRACIÓN
- Sede APETAMCOR-OURENSE (Rúa 7B, Polígono Ind. San Cibrao das Viñas)
- Sede APETAMCOR-SANTIAGO (Costa de San Marcos, nº 3)
UNIDADES FORMATIVAS
- Distribución capilar. (70 h.)
- Transporte de longa distancia. (90 h.)
- Optimización da cadea loxística. (90 h.)
- Inglés profesional para loxística e transporte (90 h.)
PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS: Prácticas en empresas non laborais cunha duración de 80 horas unha vez rematados e superados os módulos formativos teóricos.
LÍMITE PRAZO MATRICULACIÓNS: 14 – Febreiro – 2014
INICIO DOS CURSOS: 17 – Febreiro – 2014