A-ESCOLA (Escola de Condutores Profesionais de APETAMCOR) organiza nos seus centros de formación abertos nas catro provincias galegas novos cursos destinados á cualificación de novos condutores profesionais, que abranguen todos os títulos e/ou permisos posibles e necesarios para o acceso á profesión:
- CAP – Formación Inicial: 140 horas (130 horas teóricas + 10 horas prácticas en vehículo aplicables a permisos)
- Permisos profesionais: C; D; CE; DE
Ademais, quen tramite a súa inscrición en calquera destes cursos antes do 13 de Novembro, poderá beneficiarse dos prezos promocionais da nosa convocatoria de Novembro´2015.
Ditas accións formativas darán comezo de forma gradual nos centros de formación de Santiago, Lugo, Ourense e O Porriño, buscando sempre o mellor encaixe segundo as posibilidades horarias dos alumnos.
Os/as interesados deberán porse en contacto coa oficina correspondente da nosa organización:
- A-ESCOLA SANTIAGO (Costa de San Marcos, 3): 981574922
- A-ESCOLA LUGO (Polígono O Ceao, Rúa Cesteiras, par. 9.3 – 1º): 982256109
- A-ESCOLA OURENSE (Polígono San Cibrao das Viñas, Rúa 7B): 988254200
- A-ESCOLA O PORRIÑO (Polígono A Granxa, parc. 210 – Edificio Servizos Loxísticos, 1º andar): 986342233
APETAMCOR tamén xestiona directamente para as empresas a bonificación dos custos da formación nas cotas á Seguridade Social.