NOVOS CURSOS CAPACITACIÓN PROFESIONAL XESTOR TRANSPORTE EN OURENSE, SANTIAGO, LUGO E O PORRIÑO

APETAMCOR organiza novos cursos en Ourense, Santiago, Lugo e O Porriño, preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de CAPACITACIÓN PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE, cuxa segunda convocatoria de 2016 se celebrará en Outubro (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula con soporte informático tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Xestor de Test

Ademais, os/as alumnos/as poderán acceder con cadanseu contrasinal ao XESTOR DE TEST de APETAMCOR para resolver a través de internet desde o seu domicilio ou desde onde o desexen os test e supostos prácticos.

Custo do curso

Desde 525 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

Tramitación de instancias

O prazo para a tramitación de instancias que dan dereito a participar nesta segunda convocatoria de probas de 2016 conducentes á obtención do título de transportes rematará o 19 de agosto.

Máis información e inscricións

  • Tlf.: 988254200 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  • E-mail: formacion@apetamcor.com