NOVOS CURSOS CAPACITACIÓN PROFESIONAL XESTOR TRANSPORTE EN OURENSE, SANTIAGO, LUGO, O PORRIÑO E PONTEVEDRA

APETAMCOR organiza novos cursos en Ourense, Santiago, Lugo, O Porriño e Pontevedra, preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de CAPACITACIÓN PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE, cuxa segunda convocatoria de 2017 se celebrará a finais de Outubro ou primeiros de Novembro (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula con soporte informático tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Xestor de Test

Ademais, os/as alumnos/as poderán acceder con cadanseu contrasinal ao XESTOR DE TEST de APETAMCOR para resolver a través de internet desde o seu domicilio ou desde onde o desexen os test e supostos prácticos.

Custo do curso

Desde 525 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

Tramitación de instancias

O prazo para a tramitación de instancias que dan dereito a participar nesta segunda convocatoria de probas de 2017 conducentes á obtención do título de transportista rematará o 18 de agosto.

Máis información e inscricións

  •  Tlf.: 988254200 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  •  E-mail: formacion@apetamcor.com