NOVOS CURSOS CAPACITACIÓN-XESTOR TRANSPORTE. OURENSE, SANTIAGO, LUGO, O PORRIÑO, PONTEVEDRA E SILLEDA. INICIO: 9 XANEIRO

O 9 de Xaneiro iniciaranse simultaneamente en OurenseSantiagoLugoSilledaO Porriño e Pontevedra novos cursos organizados por APETAMCOR preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de XESTOR DE TRANSPORTE (Capacitación Profesional de Transportista), cuxa primeira convocatoria de 2016 se celebrará en Maio (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula con soporte informático tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Ademais, os/as alumnos/as poderán acceder con cadanseu contrasinal ao XESTOR DE TEST de APETAMCOR para resolver a través de internet desde o seu domicilio ou desde onde o desexen os test e supostos prácticos.

 

Custo do curso

Desde 525 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

 

Máis información e inscricións