NOVOS CURSOS CAPACITACIÓN XESTOR TRANSPORTE POR TODA GALICIA (2ª CONVOCATORIA 2018)

Como é costume a esta altura do ano, APETAMCOR organiza por toda Galicia novos cursos preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de CAPACITACIÓN PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE, cuxa segunda convocatoria de 2018 se celebrará á altura do mes de Novembro (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Estes grupos preparatorios, que darán comezo a partir do 14 de xullo, desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula con soporte informático tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

Ademais, APETAMCOR ofrece unha cobertura total en Galicia, grazas a contar con sedes nas catro provincias. Deste xeito, o/a alumno/a pode escoller lugar de realización: Ourense, Santiago, Lugo ou O Porriño.

Xestor de Test

Ademais, os/as alumnos/as poderán acceder con cadanseu contrasinal ao XESTOR DE TEST de APETAMCOR para resolver a través de internet desde o seu domicilio ou desde onde o desexen os test e supostos prácticos.

Custo do curso

Desde 575 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

Tramitación de instancias

Prazo ata 17-Agosto

Máis información e inscricións

  • Tlf.: 988254200 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  • E-mail: formacion@apetamcor.com