NOVOS CURSOS CARRETILLAS ELEVADORAS: LUGO – SANTIAGO

O Servizo de Prevención Mancomunado de APETAMCOR organiza nas sedes da asociación de Lugo e Santiago cadanseu curso de MANEXO PREVENTIVO DE CARRETILLAS ELEVADORAS, que terán lugar os sábados 20 de setembro e 11 de outubro respectivamente.

Estas accións formativas están dirixidas a operarios que manexan equipos mecánicos de manipulación de cargas, como son as carretas elevadoras ou os transpalés, e por tanto, por prevención de riscos laborais, deben acreditar unha formación mínima obrigatoria para o seu manexo seguro. Os alumnos que superen o curso percibirán un certificado oficial válido para tal fin.

As empresas que o desexen poderán bonificar o custo da formación do/s seu/s traballador/es a través das cotas á Seg. Social. Así mesmo, os desempregados gozan de prezo especial de inscrición.