NOVOS CURSOS CONSELLEIRO DE SEGURIDADE (OURENSE, O PORRIÑO, SANTIAGO E LUGO)

Apetamcor organiza nas súas sedes de Ourense, O Porriño, Santiago e Lugo cursos preparatorios para as probas de 2014 conducentes á obtención ou renovación do certificado de capacitación profesional de Conselleiro de Seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, que previsiblemente terán lugar en novembro do presente ano.

Os cursos, que darán comezo de forma inmediata en cada unha das sedes da asociación, terán unha duración aproximada de 50 horas.

Prezo: Desde 475 euros.

Ademais, o custo do curso poderá ser bonificado total ou parciamente para asalariados a través das cotas á Seg. Social das empresas, encargándose Apetamcor da xestión correspondente na Fundación Tripartita.

Os/as interesados deberán contactar o antes posible co Dpto. de Formación de Apetamcor.

Para poder superar estas probas, esíxese ao/á participante un dominio da normativa europea ADR, así como da propia normativa de ámbito estatal que desenvolve certas partes deste ADR. Deste xeito, as probas a superar serán dúas:

  • 1ª Proba: 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, debendo contestar correctamente un mínimo de 25 para superala.
  • 2ª Proba: Un suposto práctico.

 

Tramitación de instancias antes do 28 de agosto

O DOG de 11 de xullo publicou a Resolución de 20 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se procede á convocatoria das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

O prazo de presentación das solicitudes que dan dereito a tomar parte nestas probas rematará o 28 de agosto.

Así mesmo, a data das probas será determinada nunha vindeira resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos. En todo caso, a previsión é que se fixe dentro do vindeiro mes de novembro.

 

Que empresas deberán contar con Conselleiro de Seguridade?

Só poderán prestar servizo de conselleiro de seguridade, nas empresas afectadas, aquelas persoas que teñan o título administrativo de conselleiro correspondente ao modo de transporte e a especialidade aplicable a cada empresa. O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente coa figura do conselleiro de seguridade:

a) Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independentemente do número de viaxes que se realice ao ano).

b) Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, agás que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operacións de descarga de forma expresa.

c) Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.).

d) Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que conteñen amianto, terras contaminadas, etc.).