NOVOS CURSOS DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE EN APETAMCOR

APETAMCOR organiza novos cursos preparatorios para as probas oficiais que a Xunta de Galicia convocará neste ano 2012 conducentes á obtención e renovación do Título Oficial de Conselleiro de Seguridade para o Transporte de Mercadorías Perigosas (ADR), que previsiblemente se celebrarán á altura do mes de outubro.

 

Os cursos, dunha carga lectiva aproximada de 60 horas presenciais, darán comezo a mediados de xuño.

 

APETAMCOR convoca grupos preparatorios nas súas sedes de:

    • OURENSE

 

    • SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

    • O PORRIÑO

Que empresas deberán obrigatoriamente contar con Conselleiro de Seguridade?

 

a) Aquelas que realicen portes con mercadorías perigosas (independentemente do nº de viaxes).

 

b) As que dispoñan de depósito propio de combustible superior a 1.000 litros, agás que a empresa subministradora asuma a responsabilidade nas operacións de descarga de forma expresa.

 

c) As que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.).

 

d) As que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción, terras, etc.).