NOVOS CURSOS EN DECEMBRO NOS NOSOS CENTROS DE FORMACIÓN

Convócanse para Decembro novos cursos dirixidos a profesionais do transporte nos distintos centros de formación da asociación en Galicia: CAP-Reciclaxe; Prevención de Riscos Laborais; Carretillas elevadoras; Camión-grúa; Tacógrafo e tempos de condución e descanso; e Mercadorías Perigosas.

Así mesmo, destácase a convocatoria de novos grupos preparatorios para as probas oficiais que convocará a Xunta de Galicia en 2013 conducentes á obtención do título de Capacitación de Transportista (agora chamado Xestor de Transporte).