NOVOS CURSOS XESTOR TRANSPORTE (CAPACITACIÓN). OURENSE, O PORRIÑO, SANTIAGO E LUGO. INICIOS: 5-12 XULLO

APETAMCOR convoca nas súas sedes de Ourense, O PorriñoSantiago e Lugo novos cursos preparatorios para as probas de XESTOR DE TRANSPORTE conducentes á obtención da Capacitación Profesional de Transportista, cuxa segunda convocatoria de 2014 se celebrará en Outubro do presente ano (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os dististos grupos formativos preparatorios para a obtención do título de transportista, cuxa duración aproximada será de 100 horas presenciais, darán comezo sumultaneamente nas sedes da asociación o 5 e 12 de Xullo.

Non perdades a oportunidade de poder realizar este curso preparatorio a un prezo inmellorable desde 475 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

Para formalizar a inscrición en calquera dos cursos previstos, abonda con poñerse en contacto coa asociación.

 

Tramitación de instancias

O prazo para a tramitación da instancia administrativa que dá dereito a participar no exame vai do 1 ao 19 de Agosto.