NOVOS CURSOS XESTOR TRANSPORTE (TÍTULO TRANSPORTISTA). OURENSE, SANTIAGO, LUGO, O PORRIÑO, PONTEVEDRA E SILLEDA. INICIO: 10 XANEIRO

O 10 de Xaneiro iniciaranse simultaneamente en Ourense, Santiago, Lugo, Silleda, O Porriño e Pontevedra novos cursos organizados por APETAMCOR preparatorios para as probas conducentes á obtención do título de XESTOR DE TRANSPORTE (Capacitación Profesional de Transportista), cuxa primeira convocatoria de 2015 se celebrará en Maio do próximo ano (data concreta aínda pendente de ser publicada).

Os cursos desenvolveranse en horario de sábados á mañá ata a data do exame, acumulando aproximadamente 100 horas presenciais de formación, e terán unha metodoloxía eminentemente práctica, resolvéndose na aula tests e supostos prácticos, así como exames de convocatorias anteriores.

 

Custo do curso

Desde 475 euros. Ademais, os traballadores asalariados poderán bonificar o custo do curso nas cotas á Seguridade Social das súas empresas.

 

Máis información e inscricións

  • Tlf.: 9882542900 / 981574922 / 986342233 / 982256109
  • E-mail: formacion@apetamcor.com