NOVOS CURSOS PREPARATORIOS DE CAPACITACIÓN DE TRANSPORTE E CONSELLEIRO DE SEGURIDADE

APETAMCOR convoca nas súas sedes de Ourense, Santiago e O Porriño novos grupos preparatorios para as probas de Capacitación Profesional de Xestor de Transporte, cuxa segunda convocatoria de 2013 se celebrará en Outubro do presente ano, e mais para Conselleiro de Seguridade en Mercadorías Perigosas, cuxa convocatoria de 2013 se celebrará en Novembro.

Para formular a inscrición en calquera dos cursos previstos, abonda con poñerse en contacto coa asociación.

Prazo tramitación de instancias

    • Capacitación de Xestor de Transporte: ata o 19 de agosto.
    • Conselleiro de Seguridade: ata o 5 de setembro.